Horarios e itinerarios da XII Marcha às Cadeias 2018

O sábado, 21 de abril de 2018, terá lugar a duodécima Marcha às Cadeias, organizada pola asociación de amizades e familiares dos presos e das presas independentistas galegas Que Voltem Para a Casa!
A través da Marcha ás Cadeas, Que Voltem Para a Casa! denuncia a situación de excepcionalidade que están a sofrer as nosas amigas e familiares presas e dispersadas a centos de quilómetros dos seus fogares; tamén trata de achegarlles aos presos e presas independentistas galegas o cariño e a forza que as persoas solidarias que participan nela queren transmitirlles.

Este ano organizaremos 2 columnas, cos seguintes percorridos e horarios:
COLUMNA NORTE:
Sairá de Santiago de Compostela o sábado 21 de abril ás 03:00 horas da mañá, con parada en Lugo às 4:30 aproximadamente.

Este bus visistará o Centro Penitenciario de Villabona, a 287 quilómetros, onde se atopa Raúl Agulheiro Cartoi; o Centro Penitenciario de Topas, onde está Diego Santim Montero, a 415 quilómetros, e por último o Centro Penitenciario de Mansilla de las Mulas, onde está Maria Osório Lopes, a 347 quilómetros. À volta parará de novo en Lugo (22:00) e Compostela (23:40).

COLUMNA SUL:
Sairá de Vigo o sábado 21 de abril ás 00:00 horas, con parada en Ourense ás 01:10 aproximadamente. A columna Sul percorrerá os Centros Penitenciarios de Ocaña, a 664 quilómetros, onde manteñen afastado a Eduardo Vigo Domínguez; La Moraleja (Dueñas), a 476 quilómetros, onde se atopa Roberto Rodríguez Fialhega; e Mansilla de las Mulas, onde nos reuniremos coa columna Norte. À volta para de novo en Ourense (20:30) e Vigo (22:00).

Cada autobús conta con 55 prazas, e as persoas solidarias que queiran anotarse poden facelo no seguinte enlace: https://goo.gl/forms/0IUcPhikmPENo15m1, ou enviando unha mensaxe ao correio: comunicacionquevoltem@gmail.com.

Animámosvos a participar o próximo 21 de abril nesta Marcha Solidaria pola defensa dos dereitos fundamentais dos presos e das presas independentistas galegas.

DT1KWXRXkAA2Co4.jpg large