A ruleta da dispersom.

BMPlp7bCcAAr6Bg.jpg_large

Etxerat informa que a nai e a curmá do preso político basco Asier Aginako sufriron un accidente de tráfico cando acudían a visitalo á prisión de Aranjuez onde tamén se atopa dispersado o preso político galego Antom Santos (650 km). A dispersión penitenciaria ademais de ser unha condena engadida para o entorno social e familiar das persoas presas, converte as estradas do estado nunha auténtica ruleta rusa para ducias de familias e amigos que acudimos a visitar aos nosos presos e presas, ao que hai que sumar o enorme custe económico e de saúde.

Os dereitos dos presos e as presas galegas presentes do 25 de julho.

1005340_212258042264217_39026407_n

Que Voltem para a Casa!’, associaçom de familiares e amigas/os dos presos políticos galegos, participa na Cadeia Humana de 24 de julho e reclama que as reivindicaçons polos direitos humanos e o fim da dispersom tenha umha presença destacada nas demandas deste Dia da Pátria Galega Historicamente, no Dia da Pátria Galega muitas demandas e causas acompanharam à reivindicaçom do carácter nacional da Galiza e a sua independência. Entre elas sempre tivo um lugar especial a lembrança dos galegos e galegas que sofriam as consequências de luitar pola liberdade da nossa Terra. Ao longo das diferentes etapas da nossa história,…
Read more

Governo municipal de Teu apoia @s pres@s independentistas galeg@s.

428454_4222500780842_1144088688_n

Publicamos a continuaçom a declaraçom de apoio @s pres@s independentistas acordada entre todos os concelleiros e concelleiras que formam parte do governo municipal de Teu. Os concelleiros e concelleiras do Goberno Municipal de Teo, diante da situación vivida por Antom Santos Peres -natural deste concello- e outros cidadáns galegos nas mesmas circunstancias penitenciarias Adhírense ao comunicado do Grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda e, consecuentemente, declaran: 1. A súa disconformidade coa dispersión xeográfica que sofren estas persoas durante a súa prolongada detención a espera de xuízo, toda vez que entendemos que manter a estes cidadáns presos a centos de…
Read more

Unha nova andaina para a nosa asociación.

1001806_209391935884161_337821217_n

A Asociación de Familiares e Amigas/os dos presos políticos galegos “Que voltem para a casa!” preséntase en Compostela coa vontade de relanzar o seu proxecto para criar un “clamor popular contra a política penitenciaria e a dispersión” Patricia Cordo, integrante de Que voltem para a casa, foi a persoa que abriu esta rolda de prensa de presentación da nova etapa deste colectivo, que “naceu para dar apoio e organizar ás familias e amigos e amigas dos presos políticos galegos”. Desde Que voltem para a casa explicaron que “a constatación de que os nosos presos eran obxecto dun tratamento ilegal, diferenciado,…
Read more

COMUNICADO DA ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E AMIG@S DOS PRES@S POLÍTIC@S GALEG@S QUE VOLTEM PARA À CASA!.

Logo

Ante o xuízo contra catro pres@s polític@s galeg@s que se celebrará nos dias 24 e 25 de xuño na audiencia nacional española en Madrid, a Asociación de familiares e amig@s dos pres@s polític@s galeg@s Que voltem para à casa! quere manifestar o seguinte: -Transmitimos o noso apoio e solidariedade a Roberto Rodrígues Fialhega “Teto”, Eduardo Vigo Domingues, Antóm Santos Péres e Maria Ossório Lópes, e aos seus familiares e amig@s. Estas catro persoas e as súas familias padeceron un sufrimento innecesario derivado das condicións nas que se produzo a súa detención e do réxime penitenciario ao que foron submetidos. -Denunciamos…
Read more

Antom Santos Péres

Antom Santos Peres

Centro Penitenciario Mansilla de las Mulas

Paraje Villahierro s/n

24210 Mansilla de las Mulas. León
Carretera Burgos-Portugal, 120,
34210 Dueñas, Palencia

Luou-Teu. Preso desde natal de 2011 e dispersado a 570 kms. da súa casa. Centro Penitenciario Madrid VI Carretera Nacional 400, Aranjuez-Toledo km 28 28300 Madrid

Clamor contra a dispersión.

1016174_199541320202556_141482533_n

Onte por volta de 500 persoas percorreron a Zona Vella de Santiago para denunciar o xulgamento de catro independentistas galegos en Madrid o próximo día 24 pola Audiencia Nacional. Desde Que Voltem Para A Casa! demandamos o inmediato traslado a prisións galegas dos independentistas proximamente xulgados asi como do resto de independentistas presos a centos de kilometros da sua terra.